top of page

Vida do autor

carvalho.jpg

Ricardo Carvalho Calero (Ferrol 1910 – Compostela 1990) foi un dos maiores intelectuais galegos do século XX, tanto como ensaísta e creador como por ser un incansábel galeguista. Interesoulle desde cedo a literatura e a política, estudando na Universidade de Santiago. En 1933 casa coa compañeira de estudos Mª Ignacia Ramos. A Guerra Civil frustra a súa traxectoria e despois de loitar no bando republicano é retaliado pola ditadura franquista. En 1965 tórnase o primeiro profesor de galego da Universidade. A partir de 1975 comeza a defender as posicións reintegracionistas para o galego, o que provocaría, outra vez, que fose marxinalizado polas institucións.

 

Podes visualizar este tráiler sobre a súa biografía.

bottom of page