top of page
gramar.jpeg

Tarefa A

Carvalho Calero dedicou parte da súa vida a estudar a lingua que falaba e en 1966 decidiu partillar todo o que sabía publicando esta gramática.

Sabes para que serven as gramáticas?

Tarefa B

Le o seguinte texto no cal Carvalho Calero explica por que decidiu escribir a gramática.

[...] non había nengunha gramática galega a disposición dos leitores: estaban esgotadas as gramáticas clásicas máis ou menos científicas, a de Mirás, a de Cuveiro, a de Saco e Arce. Entón pedíuseme que escribese unha gramática, que se publica no ano 66 (Blanco 1989: 96) Esa gramática foime solicitada polos amigos que programaban a actividade editorial de Galaxia con vistas a proporcionar aos estudiosos e aos estudantes de galego un instrumento que lles permitise orientarse no coñecimento da lingua galega sobre a base de métodos e enfoques modernos (Blanco 1989: 179).

a) Infórmate sobre as persoas que Carvalho Calero menciona no texto: Mirás, Cuveiro e Saco Arce. Un deles é autor da primeira gramática en lingua galega, cal?

b) A partir do texto, explica por que Carvalho Calero decide escribir a Gramática.

c) Imaxina que es Carvalho Calero e que, coma el, queres contribuír para normalizar a lingua. O que sería necesario crear na actualidade de que aínda carece o galego?

bottom of page