top of page

Tarefa C

Outra finalidade da gramática é regularizar o uso da lingua, estabelecendo un modelo correcto de fala e de escrita, contribuíndo para estandardizar (padronizar) e normalizar a lingua. Procura na Internet ou no teu libro de texto estes conceptos: normalizar e estandardizar (padronizar) e explica cal é o contributo da gramática para este par de niveis.

asas.png

Carvalho Calero, ao publicar a gramática, encheu un espazo moi importante, tal e como se demostra co éxito da gramática. Publicouse pola primeira vez en 1966, mais foi reeditada até en sete ocasións. Nas novas edicións o autor ía facendo modificacións e, na última, chega a dicir que «Hubiéramos preferido escribirlo totalmente de nuevo, es decir, hacerlo otro, hacer otro» (Carballo Calero 1979: 11).

 

Unha das razóns por que Carvalho preferiría tela escrito de novo é porque comezou a partillar a idea da unidade da lingua galegoportuguesa. Esta forma de ver a nosa lingua foi defendida por moitos/as intelectuais galegos/as, tanto no pasado como na actualidade.

 

Infórmate na web sobre o reintegracionismo e sobre a AGAL. Estás de acordo cos principios que defende esta entidade? En que medida cres que podería beneficiar o galego?

Agora visualiza os seguintes vídeos

A partir destes vídeos, tenta explicar que quería dicir Carvalho Calero con esta frase.

galegocas.png
bottom of page